A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, que estivo no centro de saúde de Barreiros o pasado martes, que rexistrou “máis de cen reclamacións en dúas horas” contra a ausencia de pediatra no ambulatorio.
O colectivo reclama a substitución da pediatra, que se atopa de vacacións, “de forma estable e completa“, sexa por días libres, baixa ou permiso.
A plataforma sanitaria tamén reclama ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que supla ao médico de familia que está de baixa “desde hai máis dun ano”.
POBOACIÓN DE 3.000 HABITANTES
O centro de saúde barreirense contaba este martes “cunha soa facultativa das tres titulares para atender a unha poboación duns 3.000 habitantes“, asegura a agrupación.