InicioOrientalBarreirosLavado de cara de Santo Estevo de Ermo para disfrutar da súa...

Lavado de cara de Santo Estevo de Ermo para disfrutar da súa fervenza e área recreativa

Procedeuse á retirada de especies invasoras, particularmente na zona da área recreativa, e ao arraxo dos accesos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros acometeu nas últimas semanas diversos arranxos nunha das súas iconas turísticas, a paraxe natural do Santo Estevo do Ermo, particularmente coñecida pola súa fervenza. Un reduto de alto valor ecolóxico e cultural que supón un gran atractivo para os viaxeiros que se achegan ex profeso para coñecer este recuncho da Mariña Lucense.

Segundo explicou a alcaldesa, Ana Ermida, a través dun comunicado, “mellorouse a seguridade arranxando e colocando novas varandas de protección en varios puntos e instalando malla antiesvaramentos nas pasarelas de madeira. Ademais, procedeuse á retirada de especies invasoras, particularmente na zona da área recreativa.”

A última intervención, que está sendo realizada esta semana, inclúe o arranxo con motoniveladora dos accesos que se atopaban en mal estado; ao tempo que se pretende establecer un sentido único de circulación para aquelas persoas que desexen achegarse en vehículo ata a contorna da capela. Así, estase procedendo á sinalización direccional mantendo o acceso xa existente para a entrada e habilitando como saída o camiño que se dirixe cara á contorna da autovía.

Outras das actuacións que se desenvolveron foi o incremento da sinalización direccional desde San Cosme e a instalación de paneis de aviso de riscos e de normas de convivencia co fin de “mellorar a experiencia dos visitantes, advertir de que se trata dunha contorna natural non exenta de riscos e concienciar sobre a necesidade de protección dun espazo tan sensible.”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...