InicioOccidentalViveiroMáis de 20 persoas desaloxadas nun incendio en Viveiro que comezou nunha...

Máis de 20 persoas desaloxadas nun incendio en Viveiro que comezou nunha barbacoa

Non houbo que lamentar danos persoais.

Publicada o

- Advertisement -

Unha vivenda unifamiliar en Viveiro viuse afectada por un incendio iniciado no lateral dun edificio próximo, onde ardeu o panel de protección. O incendio xa foi controlado e non hai que lamentar danos persoais, aínda que xerou moita alarma e obrigou a desaloxar as máis de 20 persoas. As forzas de seguridade sinalan que o lume iniciouse nunha barbacoa.

Tal e como relatou o 112 Galicia, ao redor das 12,45 horas deste domingo, varios veciños da localidade alertaron ao servizo de que unha casa ardía na rúa da Misericordia. Nese momento, o 112 deu aviso os bombeiros, así como a Protección Civil e a Policía Local da localidade, entre outros servizos.

Tanto o 112 como a Policía Local confirmaron que foi necesario desaloxar as persoas que nese momento estaban no interior da vivenda, o que se realizou “sen problemas” e polo que non hai que lamentar “ningún dano persoal”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...