A iniciativa Cerna-Barómetro do Proxecto Cerna de Adega recolle as estatísticas e a análise do tratamento da información ambiental das principais cabeceiras galegas durante o 2020. “Deste xeito, identificamos os principais temas ambientais e cando aparecen para aproximarnos ás inquedanzas sociais así como extraer conclusións para facer máis efectivo o traballo das ONGs ambientais”, explica nun comunicado.
Os temas de actualidade ambiental na prensa galega durante o 2020 estiveron protagonizados por:
- Residuos e contaminación: ocuparon o 27% das novas medioambientais. Destacou a información relacionada coa Covid-19 e a industria contaminante galega. Tamén se incluíron temas relacionados coa xestión do lixo urbano e a contaminación das augas marítimas, como as verteduras realizadas por Endesa no río Eume.
- Enerxía e clima: ocuparon o 12,5% das novas. A produción enerxética e a súa industria estiveron moi presentes na prensa galega. Tamén destacaron novas relacionadas co cambio climático a nivel político e lexislativo e a súa inciencia en especies e ecosistemas.
- Urbanismo e mobilidade: a súa ocupación foi do 12,3%. Tiveron presenza informacións locais para a implantación de medios de transporte alternativos aos de carbono, así como as novas sobre infraestructuras como o AVE ou a AP-9.
Máis información no Galicia Confidencial.