Burela estivo presente na carreira Colina Triste, entre Soria e Burgos, grazas á participación de Kiko Muñoz, da asociación Debra Alas de Vida, que acompañou a Borja Gómez, coñecido ciclista galego con síndrome de down. O Concello quixo recoñecer a súa labor coa celebración dunha recepción. Xunto a eles, no acto celebrado nas últimas horas, estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández.
“Fue un recibimiento que le hicieron en el Concello a Borja Gómez, que es un chico con síndrome de down de Ponteareas, que es muy conocido en el mundillo ciclista porque representa un ejemplo de integración y de inclusión de las personas con diversidad funcional en el mundo del deporte. Fue un honor para nosotros poder contar con él en la carrera de Colina Triste representando a la asociación Alas de Vida”, dixo Kiko Muñoz que destaco que, do que se trata, é de fomentar a integración destas persoas.
Muñoz, da asociación Debra Alas de Vida, valorou o apoio que reciben as súas iniciativas, tanto a nivel particular como institucional, a pesar das dificultades que trouxo a pandemia.
O edil burelés dixo o que desde o concello siempre colaboran no que poden porque “Kiko é sobradamente coñecido aquí en Burela, é un dos artífices de Alas de Vida e está moi implicado no tema social coa asociación Debra, que traballa para mellorar a calidade de vida e os tratamentos para persoas con enfermidades como a pel de bolboreta“.