IniciosociedadeBarreiros mantén limitacións ao uso de auga trala avaría na depuradora

Barreiros mantén limitacións ao uso de auga trala avaría na depuradora

"A situación meteorolóxica require que teñamos cautela co consumo de auga porque o nivel de poboación e de consumo que hai nesta época pode poñer en perigo a subministración", explicou a alcaldesa.

Publicada o

- Advertisement -

Unha avaría que se produciu na depuradora de auga potable de Barreiros provocou problemas de subministración durante horas. A incidencia, que se rexistrou hai un par de semanas, xa está liquidada, pero o Goberno local decidiu manter algunhas das medidas adoptadas para limitar o consumo non prioritario.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Hermida, explicou que a avaría obrigou a “parar de producir auga durante unhas horas” e que, debido ao “alto consumo” desta época e en particular pola alta presenza de turistas e visitantes, estaba a producirse “un baleirado do depósito moi rápido” e “tardouse un tempo en recuperar”.

Isto provocou “cortes de subministración” en determinadas zonas do municipio, algo que “xa foi liquidado” a mesma semana na que se rexistrou a avaría. Naquel momento tomáronse unha serie de medidas polas que se prohibía o uso non prioritario de auga, “así como o enchido de piscinas ou a rega de xardíns”.

A situación meteorolóxica require que teñamos cautela co consumo de auga porque o nivel de poboación e de consumo que hai nesta época pode poñer en perigo a subministración”, explicou. Agora, a subministración “está controlada, os depósitos están cheos e non hai problema” nese sentido, aínda que o Goberno local mantén parte destas medidas de limitación de uso co fin de “ter conciencia sobre o uso correcto da auga, é un recurso natural pero é limitado”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...