O Concello do Vicedo organiza o descenso do río Sor en kayak para este mércores ás 10:30 da mañá.
O punto de encontro para iniciar o percorrido será no Porto do Barqueiro. Desde a Casa da Cultura do Vicedo apuntan que xa quedan moi poucas prazas dispoñibles. Aínda así, organizarase outra baixada do Sor o mércores día 1 de setembro, mais ás catro da tarde.
A ruta que ofrece o río Sor é das máis tradicionais para percorrer en kayak. Mais os organizadores aseguran que é unha das experiencias máis intensas do verán no Vicedo, ademais de ser das máis divertidas.
As inscricións poderanse realizar chamando ao número 982 59 01 95. De 10h a 14h e de 19h a 21h.