InicioCultura'Operiña nas escolas' e 'Sinfónico non rural', propostas musicais para toda a...

‘Operiña nas escolas’ e ‘Sinfónico non rural’, propostas musicais para toda a Mariña a partir de setembro

A directora do Festival Bal y Gay destaca o "éxito" a pesar da pandemia dunha oitava edición que pecha con máis de 2.000 asistentes

Publicada o

- Advertisement -

O VIII Festival Bal y Gay finalizou o xoves a súa actividade concertística deste ano 2021 cunha actuación da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) na Catedral de Mondoñedo.

En total, máis de 2.000 persoas acudiron aos concertos programados durante a última semana, con todas as entradas vendidas. A directora do evento, Alba Rodríguez, destacou que “o balance desta edición de 2021 é moi positivo pola gran acollida do público e dos artistas, que mostraron a súa gratitude e percibiron a filosofía do festival durante a súa estancia aquí”.

Foi o ano da música española e o talento nacional con grandes artistas de prestixio internacional como Javier Perianes, Pablo Sáinz-Villegas, o Cuarteto Casals ou a Orquestra Sinfónica de Galicia”, sinalou. Así mesmo, o Festival Bal y Gay avanzou as liñas mestras dos seus dous proxectos socioeducativos para o curso 2021-22: ‘Operiña nas escolas’ e ‘Sinfónico non rural’.

Ambos verán a luz en setembro ‘co propósito de que a música clásica siga enchendo todos os recunchos da Mariña’, avanzou a directora do festival.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...