InicioCulturaSabela fíncase en OT e axita a rede cunha canción súa en...

Sabela fíncase en OT e axita a rede cunha canción súa en galego

A cantante con raíces en Bravos salvou a gala 9 do programa, no que continuará alomenos dúas semanas máis

Publicada o

- Advertisement -

A cantante pontesa con raíces en Bravos Sabela Ramil segue con paso firme en Operación Triunfo.

A vocalista galega salvou a gala 9 do programa coa súa interpretación de ‘Next to me‘, de Emili Sandé.

Desta volta, Sabela non estivo entre os favoritos do público –Miki foi o elixido-, pero o xurado valorou a súa actuación e permitiulle seguir na academia.

NOMINADAS

María e Marta son as nominadas desta semana, trala eliminación de Marilia.

PEZA EN GALEGO

A intérprete de orixe ourolesa volveu promocionar a cultura galega nun espazo televisivo de máxima audiencia a nivel estatal.

Fíxoo cantando durante un ensaio en OT un tema da súa autoría, escrito en galego.

“BILINGÜE, PERO NON EN INGLÉS”

Ademais, logo das críticas habituais polas súas dificultades na interpretación de pezas anglosaxonas, a cantante reivindicou que “son bilingüe, pero non en inglés”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...