- Advertisement -
O comité de empresa de Alcoa na Coruña reclamou a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais entre empresa e traballadores para decidir onde debe constituírse a mesa de negociación.
Os traballadores demandan que se constitúa unha mesa local, polo que reclaman que o AGA (Acordo galego de solución extraxudicial de conflitos no traballo) delimite esta cuestión, comprometéndose a aceptar o dictame deste organismo.