InicioCentralBurela“Temos unha diversidade cultural e étnica que xestionamos entendéndoa como unha riqueza...

“Temos unha diversidade cultural e étnica que xestionamos entendéndoa como unha riqueza para toda a comunidade”

Carme Castelao é a nova directora do IES Monte Castelo de Burela que chega cun novo equipo directivo nun dos centros educativos con maior diversidade cultural da provincia. Un dos piares da formación do Monte Castelo é o intercambio con outras escolas da UE no programa Erasmus +. Outra base é a formación para adultos do que é centro colaborador do IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Publicada o

- Advertisement -

-Como afrontades o curso escolar 2021-2022?

Contamos cunha ampla oferta e dentro dela temos unha oferta da ESA, Ensino Secundario para persoas Adultas que se complementa coa materia Español para Estranxeiros. Este é unha cadeira pensada especificamente na diversidade cultural de Burela e en xeral para toda a comarca. Español para Estranxeiros vaise planificando segundo o número de persoas que asisten e dependendo das necesidades no ordinario, é dicir, os alumnos que van chegando e as súas familias. Segundo o alumnado que nos vai chegando planificamos o curso. Impartimos estas aulas en horario de tarde para facer posible conciliar o ensino coa vida laboral. Tamén temos o Bacharelato Semipresencial onde o alumnado vai facendo un ensino á carta. Cada curso poden ir escollendo as materias e non é obrigatorio facelo en dous anos. Neste sentido, somos o único IES colaborador en ensino para adultos do IES San Clemente de Santiago de Compostela.

-O curso de Español para Estranxeiros reflectiría a variedade multicultural das vosas aulas?

Si se reflicte unha diversidade tanto xeográfica como cultural ou étnica e económica que tratamos de xestionar entendendo que é un enriquecemento para toda a comunidade educativa.

-Como funciona este ensino para adultos?

É un bacharelato a distancia e o alumnado só vén aquí para realizar as probas de avaliación. É relevante que a través do IES San Clemente tamén se pode facer o bacharelato de artes e nós, Monte Castelo, somos o único centro de toda a Mariña que oferta o bacharelato de artes. Pódese cursar aquí mediante realizar as probas de avaliación.

-Dentro da Formación Profesional, o Monte Castelo tamén ten oferta?

Temos un ciclo medio de auxiliar de enfermaría. Dentro dese ciclo agora temos 50 persoas en formación ordinaria e en adultas temos 25 persoas, isto dentro do que son os programas de formación ao longo da vida. Este ciclo dá acceso a outros de grao superior. Agora mesmo temos dous ciclos de grao superior, Química e Saúde Medio Ambiental do que somos o único que o imparte na provincia. Por outra parte, temos Ensino e Animación Sociodeportiva, tamén con demanda.

-Tamén participan en programas europeos?

Participamos en programas europeos aglutinados no programa Erasmus +. No noso centro está orientado a alumnos de adultos que participan en prácticas no estranxeiro. Neste curso, a pesar da pandemia tivemos sete alumnos, en Italia e hai dous que van para Praga. Este Erasmus + tamén cobre a persoas post-tituladas. Agora temos un alumno do ciclo de Deportes en Italia. A isto engadimos a Aula Mentor. É un programa do Ministerio de Educación con cursos certificados polo Ministerio e puntúan para realizar oposicións. Tamén se fan a distancia polo que incide na aprendizaxe autónomo da persoa e aquí no IES só fan os exames.

-Sabedes se as persoas retornadas aos seus países que pasaron polo voso IES dalgunha maneira, materializan os coñecementos adquiridos en Burela?

Sabemos que é o impacto é positivo porque estamos ofrecendo unha base ampla, non limitada a unha base académica e limitada a un número de materias. Nós ofrecemos unha educación para a evolución ao longo da vida, para persoas adultas, críticas e autónomas para participar na aprendizaxe ao longo da súa vida. Aínda así, o retorno non é o máis habitual. O que nós experimentamos é o de reagrupamento familiar. O proceso inverso non é frecuente.

-Cantas nacionalidades tedes documentadas no voso IES?

Podemos falar de entre dez e doce nacionalidades diferentes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...