InicioCulturaChega o espectáculo a Foz este sábado co Circo Krasnovarak

Chega o espectáculo a Foz este sábado co Circo Krasnovarak

Tamén este sábado ás 19.30 horas na Casa da Cultura a Federación Galega de Espeleoloxía ofrecerá unha charla para divulgar o seu traballo e explicar a evolución das furnas na nosa costa.

Publicada o

- Advertisement -

O sábado 11 de setembro, ás 18.30 horas os nenos de Foz teñen unha cita co espectáculo de Troula Animación Circo Krasnovarak na praza Conde de Fontao.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “enormes animais chegarán este sábado a Foz para facer desfrutar aos nenos. É unha representación dun circo no que os animais escapan por Foz e haberá que buscalos. A compañía Troula Animación tráenos este espectáculo para animar a volta as aulas e comezar setembro con diversión. Animamos a todos as nenas e nenos a ir a desfrutar dunha representación diferente”.

Inés López Couto engade que “ademais desta actividade este sábado ás 19.30 horas na Casa da Cultura a Federación Galega de Espeleoloxía ofrecerá unha charla para divulgar o seu traballo e explicar a evolución das furnas na nosa costa. E tamén está programada a Milla Urbana, organizada polo club de atletismo Ría de Foz e que encherá o día de actividade deportiva”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...