InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo pide explicacións polo corte de luz rexistrado durante a mañá...

ACISA Ribadeo pide explicacións polo corte de luz rexistrado durante a mañá deste venres

ACISA reclama explicacións polos cortes de luz rexistrados con anterioridade. Por outra parte, tamén reclaman que as empresas responsables da subministración se fagan cargo dos danos causados.

Publicada o

- Advertisement -

Acisa pide responsabilidades polo corte de luz que se produciu esta mañá en Ribadeo e acadou unha duración de dez minutos. A patronal ribadense agarda que Viesgo e Begasa lles expliquen aos empresarios e á veciñanza que está a pasar co subministro eléctrico neste concello.

O xerente, Jesús Pérez, sinalou que “non se pode permitir o que está a pasar en Ribadeo coa luz. O Día da Patroa, sobre as dúas e media, houbo un corte cando a hostalería estaba xa ofrecendo o servizo de comidas. Xornadas atrás volveron producirse microcortes e hoxe xa chegou a gota que encheu o vaso, porque en Ribadeo estivemos sen luz desde as 9:53 minutos e ata pasadas as 10 da mañá, horario de apertura de locais de comerciais e de servizo de almorzos en hoteis e bares”.

Pérez Prada dixo que “os teléfonos de Acisa botan fume e non é para menos. Os nosos hostaleiros están que morden, porque o seu traballo se está a ver gravemente prexudicado, porque se xeran avarías graves nas súas máquinas e tamén malestar na súa clientela. A imaxe que damos de Ribadeo é bastante penosa. A tempada alta rematou, pero afortunadamente o mes de setembro é bo para o sector hostaleiro, pero así non se pode traballar”.

Jesús Pérez esixe responsabilidades: “en nome de Acisa e dos máis de 170 negocios asociados esiximos a Viesgo e a Begasa unha explicación e que se fagan cargo dos danos causados con estes cortes de luz, que estamos a sufrir unha vez máis en Ribadeo. Canto máis se encarece o recibo, peor subministro temos. E iso non pode ser. E tamén lles pedimos ás administracións que velen porque o servizo que recibimos se preste coa debida calidade”.

E engadiu: “hoxe non nos valen as disculpas de temporais, chuvias, tormentas, vento… porque disto hoxe nada de nada. E si teñen que facer revisións, traballos, etc, o menos que poden facer é avisar ao empresariado afectado e á veciñanza”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...