InicioOrientalBarreirosComeza a renovación do abastecemento da parroquia barreirense de Remior

Comeza a renovación do abastecemento da parroquia barreirense de Remior

“Con este importante investimento imos dar solución a un problema que se arrastraba desde moitos anos atrás” afirmou Antonio Veiga, alcalde en funcións e concelleiro de Obras.

Publicada o

- Advertisement -

Esta semana iniciáronse as obras de renovación da rede de abastecemento de auga a Remior. Esta rede que tiña preto de 50 anos de antigüidade atopábase nun estado lamentable, con continuas roturas ao estar feita con materiais obsoletos como é o fibrocemento.

“A zona de Remior, onde hai varias explotacións gandeiras e a zona costeira que soportou nos últimos anos unha elevada presión urbanística precisaban dunha renovación total da rede de abastecemento de auga potable, por iso acometemos esta obra que era moi demandada tamén pola veciñanza” explicou a concelleira de Augas, Montserrat Porteiro, que no día de hoxe visitou as obras xunto co alcalde en funcións Antonio Veiga.

MELLORA DA CALIDADE DO SERVIZO E AFORRO NOS ARRANXOS DE FUGAS

Esta obra que conta cun orzamento de preto de 200.000€ é financiada nun 80% pola Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, poñendo o Concello de Barreiros o 20% restante, en virtude do convenio asinado no seu día entre a deputada de Medio Rural Mónica Freire e a alcaldesa Ana Ermida.

A nova canalización discorrerá pola marxe esquerda da estrada provincial LU-P-0602 ao longo de 2,3Km e os traballos, adxudicados á empresa Adecom prolongaranse durante todo o mes de setembro.

Esta actuación mellorará notablemente a calidade do servizo de abastecemento e suporá un aforro importante para o concello no arranxo de fugas. “Con este importante investimento imos dar solución a un problema que se arrastraba desde moitos anos atrás” afirmou Antonio Veiga.

Desde o Concello de Barreiros comunican tamén que ao ser obras de importancia, na súa execución poden provocar pequenas molestias no abastecemento de auga nalgunhas zonas, polo que piden desculpas por adiantado, pois son obras necesarias para acometer as melloras, obras que se pospuxeron para setembro dado que en época estival a execución resultaría mais complicada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...