O BNG de Foz anuncia alegacións ao proxecto Borrasca. O partido comunica que “pon a disposición dos veciños un modelo para facilitar a sua presentación”.
Os nacionalistas destacan que “na Galiza, continúan en fase de tramitación mais de 130 proxectos de parques eólicos para encher os montes do país de macroaeroxeneradores de case 200 metros de altura”.
Sinalan que as empresas levan adiante estes proxectos “mesmo ameazando explotacións agrogandeiras e núcleos de poboación”. O proxecto Borrasca e un deles e atópase en trámites de alegacións. Trátase dun novo parque eólico, que afectará aos Concellos de Foz, Alfoz, Lourenzá, Barreiros, Mondoñedo, Cervo e Xove.
Tras rondas informativas para a avaliacion do proxecto e a palestra o pasado 9 de setembro, “o BNG de Foz presenta alegacións e facilitará un modelo aos veciños para impedir este novo expolio e atentado ambiental”. Os interesados poden solicitalo no correo: amarinha@bng.gal e no tel 982140654.