InicioCentralFozFoz conéctase á Internet gratuíta en catro das súas prazas

Foz conéctase á Internet gratuíta en catro das súas prazas

Ademais destas wifis exteriores foron instaladas tamén interiores para dotar dun mellor servizo ao Centro Social, á Casa da Cultura e á Casa do Concello.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz vén de presentar a implantación de wifi gratuíta en catro prazas da vila. “É un traballo ben executado, dirixido pola técnico municipal Carmen Seco, que posibilita a conexión libre e gratuíta a internet en espazos públicos. Continuamos o traballo de achegar a conectividade dixital ás nosas veciñas e veciños”, destaca a edil de Administración Electrónica e tenente de alcalde, Inés López Couto.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca o camiño de traballo que segue o Concello neste aspecto desde que a corporación tomou a responsabilidade de goberno: “no 2019 a conexión a internet no noso concello era a baixa velocidade, salvo parte do núcleo e algunha outra zona puntual, pero agora mesmo temos a posibilidade de contratar fibra da máis alta velocidade nas nove parroquias, en todas as aldeas, o cal era impensable. Outro paso máis foi a sinatura dun convenio con Amtega para posibilitar a telefonía móbil naquelas zonas que están sen cobertura, que esperemos que se faga efectivo canto antes. Ademais estamos a ultimar a nova páxina web do Concello, que teremos lista este ano, e agora presentamos a conexión gratuíta a internet en espazos públicos. O cambio xa está aquí e chegou para quedarse”.

Fran Cajoto engade que “Wifi4eu Foz é un proxecto financiado pola Unión Europea que permite navegar cunha velocidade mínima de 30 mbps a través dunha wifi gratuíta desde 4 zonas da nosa vila: Concello, Praza Salgado Toimil, Praza Conde de Fontao e Campo da Cabana. Están dispoñibles 24 horas ao día, 7 días á semana. A pesar de ser unha wifi libre cumpre con estándares de alta seguridade, contando con tódalas garantías como se fose unha wifi privada. Para poder navegar de xeito gratuíto en calquera destes puntos tan só debemos seleccionar a Wifi4eu no noso móbil e rexistrarnos a través de sms. Obteremos un usuario e contrasinal para poder entrar no noso portal e navegar por internet”.

Ademais destas wifis exteriores foron instaladas tamén interiores para dotar dun mellor servizo ao Centro Social, á Casa da Cultura e á Casa do Concello.

O concelleiro de Comunicación, Carlos García, salienta que é “un novo avance do pobo de Foz, aliñado co obxectivo 9 da Axenda2030 (Industria, innovación e infraestrutura), que reclama fomentar o acceso ás telecomunicacións/TIC para reducir a fenda dixital e proporcionar o acceso á banda ancha para todos e todas, así como aumentar a súa utilización en favor da economía e as sociedades dixitais”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...