InicioOccidentalViveiroA Policía Local de Viveiro disporá dun novo lector de microchips

A Policía Local de Viveiro disporá dun novo lector de microchips

O vindeiro xoves 23 de setembro, ás 19:00 horas, na sala multiusos da casa do concello, terá lugar a charla gratuíta "A nova factura da luz".

Publicada o

- Advertisement -

Desde a área de Seguridade Municipal do Concello de Viveiro, responsabilidade da Alcaldesa, infórmase que a Policía Local dispón dun lector de microchips máis sofisticado que co que se contaba ata agora, tras a súa renovación.

Este novo lector caracterízase por posuír unha antena que fai posible a lectura dos microchips a unha maior distancia, polo que favorece a seguridade dos axentes e o benestar animal ao non ter que acercarse tanto. Tamén é capaz de ler un maior número de microchips con respecto ao dispositivo anterior.

Este novo dispositivo empregarase para as funcións de inspección, vixilancia e control dos animais de compañía, especialmente dos cans, así como para a identificación daqueles que se atopen extraviados e a localización máis áxil dos seus propietarios, labor que é posible grazas ao acceso individualizado de cada axente ao Regiac (Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía).

Neste sentido, o Concello de Viveiro lembra que as infraccións máis frecuentes que detecta a Policía Local con respecto á Lei de Benestar Animal de Galicia son a non recollida dos excrementos dos animais, animais vagando libremente pola rúa ou non levar a identificación pertinente. Este tipo de condutas, segundo o establecido na Lei de Benestar Animal de Galicia, implican sancións de ata 500 € no caso de infraccións leves e de ata 5.000 € no caso de infraccións graves.

CHARLA INFORMATIVA SOBRE “A NOVA FACTURA DA LUZ”

O Concello de Viveiro informa que o vindeiro xoves 23 de setembro, ás 19:00 horas, na sala multiusos da casa do concello, terá lugar a charla gratuíta “A nova factura da luz”.

Esta charla forma parte da campaña informativa “A nova tarifa eléctrica”, que está a desenvolver o Instituto Galego de Consumo e da Competencia, co obxectivo de achegar á poboación galega información e asesoramento en relación aos cambios profundos que se produciron, dende o mes de xuño deste ano 2021, na nova tarifa e na factura eléctrica.

Esta charla informativa terá aforo limitado e durante a mesma seguiranse todos os protocolos COVID-19 pertinentes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...