As actividades da Semana Europea da Mobilidade continúan este venres coa instalación na Praza do Concello do stand Punto Limpo e pola tarde na Praza da Mariña haberá un ensaio de ximnasia rítmica aberto ao público.
O sábado está programada unha ruta xeolóxica pola Marosa e obradoiros de marcapáxinas, pintacaras e tattoos na Praza da Mariña, así como unha exhibición de baile de salón no auditorio da Casa da Cultura pola tarde.
O domingo será o día sen coches. Entre as oito da mañá e as oito da tarde estarán cortadas ao tráfico varias rúas: Pardo Bazán, entre as interseccións de Eijo Garay e Lamestra; Eijo Garay, entre Rosalía de Casto e Pardo Bazán; e Curros Enríquez á altura da rúa Castelao. Neses vieiros haberá xogos deportivos ao aire libre, xadrez na rúa e taller de cociña infantil. E na Praza da Mariña estarán instaladas mesas informativas das diferentes asociacións do pobo e haberá un taller de chapas, entre outras actividades.
O programa da Semana Europea da Mobilidade seguirá ata o vindeiro mércores, 22 de setembro. O Concello tamén lembra que ata o domingo funciona o servizo de préstamo de bicicletas eléctricas na Praza do Concello en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas.