InicioOrientalRibadeoSuárez Barcia acusa de intolerable a pretensión da Xunta de eliminar Educación...

Suárez Barcia acusa de intolerable a pretensión da Xunta de eliminar Educación Secundaria para Adultos

O alcalde de Ribadeo considera “un erro enorme eliminar estas ensinanzas xa que constitúen un dereito educativo básico, probablemente o único camiño de mellora que lle queda a moitas persoas do noso concello e dos arredores",

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fernando Suárez, cualifica de intolerable a pretensión da Consellería de Educación de eliminar a educación secundaria para adultos que se imparte no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Foi o Consello Escolar do centro o que lle comunicou a noticia. O rexedor asegurou que o Concello ribadense loitará para que esta medida non se leve a cabo.

Suárez Barcia destacou que “consideramos intolerable perder un servizo educativo que ata este momento se ofertaba no noso concello”.

O alcalde considera “un erro enorme eliminar estas ensinanzas xa que constitúen un dereito educativo básico, probablemente o único camiño de mellora que lle queda a moitas persoas do noso concello e dos arredores”. Suárez Barcia aludiu ás persoas que non teñen a titulación mínima esixida para calquera posto de traballo, “no senso de que ademais suprimir estes estudos no noso concello supón de facto a imposibilidade de acadar esta titulación para toda esta xente”.

Fernando Suárez sinalou que “Ribadeo debe ter unha oferta educativa variada e completa de acordo ao que supón poboacional e territorialmente o noso concello, e desde logo que quede claro que desde o Concello de Ribadeo habemos loitar para que non se faga efectiva esta vulneración dos dereitos educativos dos nosos veciños e veciñas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...