InicioCentralLourenzáLourenzá celebra do 1 ao 3 de outubro as xornadas sobre a...

Lourenzá celebra do 1 ao 3 de outubro as xornadas sobre a Festa da Faba

Tamén se celebrará a tradicional carreira popular Val das Fabas o domingo, con dúas probas, unha ás 11 e outra ás 12.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello laurentino organiza do 1 ao 3 de outubro unhas xornadas para lembrar a Festa da Faba de Lourenzá que se celebraba antes da pandemia. As actividades foron presentadas hoxe, venres, pola alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.

A rexedora municipal explica que este evento “non ten nada que ver co formato habitual que víñamos facendo da Festa da Faba en anos pasados”. López explica que “non se celebra a tradicional degustación que se facía anteriormente nin tampouco haberá as casetas dos fabeiros na Praza do Concello nin os postos que se colocaban nas rúas”. O que si se organizan son unhas xornadas para esa fin de semana, na cal a faba vai estar presente como o produto estrela.

Rocío López anuncia que para a fin de semana do 1 ao 3 de outubro “o Concello organiza unha serie de actuacións musicais e culturais, que terán lugar ao longo do venres, do sábado e do domingo”. Tamén se celebrará a tradicional carreira popular Val das Fabas o domingo, con dúas probas, unha ás 11 e outra ás 12. O sábado estarán presentes os vehículos clásicos, na rúa Paseo de Oia, e haberá un showcooking na Praza do Conde Santo, a cargo da Asociación de Cociñeiros de Lugo, para que o público degustar fabas cociñadas de diversas maneiras.

A alcaldesa engade que no apartado musical “haberá distintas actuacións: unha delas terá lugar xa o venres ás 20:00 horas no salón de actos, onde actuará o dúo Falúa; o sábado pola mañá polas rúas da vila estará a charanga Louband e pola tarde no claustro do mosteiro terán lugar dous concertos de Xabier Díaz, un ás 17:30 e outro ás 20:30 horas”. Para o domingo pola mañá “actuará polas rúas da vila outra charanga, Fanfarria Taquikardia, e pola tarde, ás 18:00 horas na Praza do Conde Santo o grupo Airiños da Freba será o encargado de poñer o toque musical que pechará estas xornadas dedicadas á faba de Lourenzá”.

Rocío López lembrou que “tamén é importante destacar que os bares da vila nas súas cartas, menús e tapas van incluír a faba de Lourenzá, que estará presente cociñada de diversas maneiras”.

A rexedora remata invitando á xente a “que veña a Lourenzá esta fin de semana para desfrutar desta programación distinta e atípica, pero coa esencia da faba”. E destaca que “en todas as actividades programadas cumpriranse os protocolos Covid, co cal a xente poderá estar con plena seguridade e tranquilidade, pero evidentemente pedímoslles que actúen con responsabilidade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...