IniciosociedadeCortes de tráfico en Viveiro este sábado pola marcha de traballadores de...

Cortes de tráfico en Viveiro este sábado pola marcha de traballadores de Alcoa en apoio aos obreiros de Vestas

O corte será ás 12:00 do medio día. Tamén se producirá outro corte de tráfico por obras.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa que mañá, sábado 25 de setembro, haberá un corte de tráfico a partir das 12:00 horas e durante uns trinta minutos entre o Casino e a Porta de Carlos V, debido a que os traballadores de Alcoa van facer unha pequena marcha ata chegar á Praza Maior para apoiar a concentración que se vai facer polo peche de Vestas.

Por outra parte, hai uns oito anos a empresa Gas Galicia acometeu a canalización do gas na estrada LU-540. A zanxa por onde vai a tubería repisou no tramo que discorre entre a rotonda do poligono industrial de Landrove e a ponte de FEVE en Verxeles.

Durante este tempo, sen estridencias nin publicidade, o equipo de goberno do Concello de Viveiro mantivo contacto de forma permanente coa Delegación de Infraestructuras para que a empresa Gas Galicia fixese a reposición da zanxa aludida.

No seu momento repúxose, nunha primeira fase, o vial ata a gasolinera de Magazos no quilómetro 3. Agora, no mes de setembro saneouse o tramo de zanxa que quedaba cunha capa de formigón.

A partir do luns, 27 de setembro, Gas Galicia a través da empresa Isidro Otero vai a fresar e aglomerar o carril de rodadura por onde vai a zanxa referida. Este traballo vai durar varios días e é máis que probable que cause algunha que outra molestia aos veciños. Pedimos de forma anticipada desculpas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...