InicioCentralFozAgradecementos ao voluntariado que participou en Foz na campaña "Móllate polos Ríos"

Agradecementos ao voluntariado que participou en Foz na campaña “Móllate polos Ríos”

Calcúlase en mais de 70 kg de refugallos retirados da canle do río Alemparte.

Publicada o

- Advertisement -

A XIV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrouse en 51 concellos galegos. Este ano o Concello de Foz partipou por primeira vez en Coordinación co Proxecto Ríos. En concreto a Concellaría de Medio Ambiente de Foz fixoo no río Alemparte, na parroquia de Cangas. Esta limpeza do Alemparte mobilizou 10 voluntarios mesmo de outros concellos.

O resultado desta acción no cauce do Alemparte foi a recollida de refugallos moi variados: botellas, garrafas, bolsas ou sacos ademais de todo tipo de pezas metálicas e entullo. Calcúlase en mais de 70 kg de refugallos retirados da canle do río Alemparte.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas, así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Desde a Concellería de Medio Ambiente agradecen aos voluntarios que “se mollaran po los ríos” e animan a todolos interesados a participar en vindeiras iniciativas de protección do territorio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...