Equipos asturianos e galegos participaron o pasado sábado día 25 en Ribadeo no I Torneo de Rugby 7 Inclusivo, que tivo lugar no Campo de Outeiro, na parroquia da Devesa. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, fai un balance positivo do evento.
O edil ribadense apuntou que “o mellor resultado foi a fabulosa integración dos conxuntos e de todos os seus compoñentes” . A Concellaría de Deportes considera que este tipo de actividades reforzan os valores humanos na sociedade a través do deporte e máis “cando se trata no eido das modalidades minoritarias como é o caso do rugby”.
Díaz Freije tivo palabras de agradecemento para o Club de Rugby BeOne, de Ribadeo, “polo seu empeño e ás distintas administracións que colaboraron para facilitar este evento no que o Concello puxo medios e instalacións á súa disposición”.