InicioCentralFozO IES de Foz orienta ao alumnado sobre o mercado de traballo...

O IES de Foz orienta ao alumnado sobre o mercado de traballo 2.0

O obxectivo foi tratar de axudarlle ao alumnado a reflexionar sobre o seu verdadeiro valor diferencial e potenciar o seu talento para atender as necesidades do mercado actual.

Publicada o

- Advertisement -

O IES de Foz acolleu este pasado martes unha charla sobre o mercado de traballo 2.0 a cargo de Verónica Ramallal, da empresa de márketing Pekecha. Foi unha actividade incluída nas Aulas de Emprendemento na Formación Profesional, proxecto que no centro focense está coordinado pola profesora Lucía Noelia García, que é a xefa do departamento de Formación e Orientación Laboral.

A subdirectora do IES de Foz, Leticia Maseda, explicou que o obxectivo foi tratar de axudarlle ao alumnado a reflexionar sobre o seu verdadeiro valor diferencial e potenciar o seu talento para atender as necesidades do mercado actual. “Analizaron o mercado de traballo 2.0 e viron as competencias máis demandadas. Tamén se abordou o concepto de emprendemento, marca persoal, talento, marketing dixital, inbound e redes sociais”.

Leticia Maseda engade que “a actuación Aulas de Emprendemento na Formación Profesional enmárcase no marco do fomento do emprendemento desenvolvido polo Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia (Eduemprende)”. Este plan constituíuse como unha estratexia para impulsar as habilidades persoais e profesionais encamiñadas a potenciar o emprendemento e o autoemprego.

Maseda tamén sinalou que a actuación establécese dentro da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Ministerio de Educación y Formación Profesional para o desenvolvemento do Plan de Formación Profesional para el crecimiento económico y social y la empleabilidad.

Este último plan están ao mesmo tempo enmarcado na segunda fase do Plan Estratégico de la Formación Profesional, na Agenda 2030 e nos Objetivos de Desarrollo Sostenible del Estado.

Neste contexto, ponse en marcha a iniciativa de crear espazos de emprendemento nos centros docentes públicos galegos. Desta maneira permítese establecer unha estratexia para impulsar as habilidades emprendedoras imprescindibles no novo marco socioeconómico cara ao que se encamiña a nosa economía.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...