A vixésimo terceira edición das Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro, que organizan a Confraría de Celeiro e a OPP-77, comezaron este venres. Ao longo da fin de semana celebraranse trece relatorios.
Na xornada matinal deste venres abordáronse temas como o consumo de peixe fresco, a nutrición ou o anisakis, o parásito que acendeu unha alarma que fixo caer as ventas de, entre outras especies, a pescada, que supón o 88% da facturación total de Celeiro.
O emprego, os futuros escenarios para a pesca desde o punto de vista económico, co Brexit como eixo, ou o regulamento de desembarque centraron a xornada de tarde.
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, encargouse de abrir o acto inaugural, ao que tamén asistiu a alcaldesa, a socialista María Loureiro, o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Argelio Fernández.
SÁBADO
O sábado, con xornada unicamente matinal, as cotas, a trazabilidade ou a tecnoloxía para combater e previr infeccións provocadas polos parásitos serán dous dos aspectos fundamentais a tratar nas conferencias.
cotas ou trazabilidade centrarán a axenda do sábado
Ao longo da xornada de clausura realizarase tamén un recoñecemento á figura da muller no sector pesqueiro.
RECOÑECEMENTO Á MULLER
A organización entregará pracas conmemorativas á Rede Española Mulleres de Pesca, na persoa de María del Mar Saez Torres, e á Asociación Mulleres Pesca, coa súa presidenta Rita Míguez de la Iglesia.
A tenacidade das mulleres, que seguen a rachar barreiras, merecerá a homenaxe do sector. Este mesmo ano, Arantxa Toriza converteuse na primeira patroa nun pincheiro mariñao do Gran Sol, o Flecha.
Na xornada do sábado está prevista a presenza da secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz.
EN CIFRAS
Celeiro e Burela son dous dos tres portos máis importantes do Cantábrico, xunto ao de Pasaxes (Guipúscoa), por volume de descarga de peixe fresco.
Entre as lonxas galegas, Burela e Celeiro ocuparon os postos cuarto e quinto por volumen de vendas no 2017, segundo e quinto -respectivamente- no tocante ao valor da facturación.
o sector pesqueiro dá emprego a case 1.200 traballadores en celeiro
A flota pesqueira que ten como porto base Celeiro e a lonxa dan traballo a case 1.200 traballadores.