InicioOrientalRibadeoRematan en Ribadeo os Mercados dos Domingos cunha festa arredor dos produtores...

Rematan en Ribadeo os Mercados dos Domingos cunha festa arredor dos produtores e produtoras

A XX edición dos Mercados dos Domingos deu comezo o pasado 27 de xuño e rematou onte. Na cita, organizada polo Concello de Ribadeo e pola asociación A Sucadoira, participaron 14 produtoras e produtores da zona.

Publicada o

- Advertisement -

Coa Festa dos Produtores da Horta remataron onte os Mercados dos Domingos, que se viñeron celebrando na contorna da praza de abastos desde principios do pasado mes de xuño.

Ducias de persoas disfrutaron desde primeiras horas da mañá dunha esfollada do millo, dun obradoiro de disfraces e de bonecos tradicionais para os máis pequenos da casa e tamén para as familias.

No Mercado dos Domingos desenvolveuse tamén unha prensada e elaboración de zume de mazá e como colofón tivo tivo lugar unha actuación musical a cargo do grupo falapandeireta Erikas e Peluxías. E os locais hostaleiros da contorna da praza de abastos ofreceron tapiñas e petiscos elaborados con produtos da horta.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, fixo un balance positivo dos Mercados dos Domingos: “o balance é totalmente positivo porque acadamos o obxectivo que se pretendía, que era achegar os produtos de proximidade aos consumidores facendo fincapé na súa importancia para a alimentación individual e tamén como motor do desenvolvemento económico da nosa vila”.

A XX edición dos Mercados dos Domingos deu comezo o pasado 27 de xuño e rematou onte. Na cita, organizada polo Concello de Ribadeo e pola asociación A Sucadoira, participaron 14 produtoras e produtores da zona.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...