InicioOccidentalCervoFrancisco Conde volve culpar ao Goberno do "bloqueo" de Alcoa

Francisco Conde volve culpar ao Goberno do “bloqueo” de Alcoa

"Non está a reaccionar para pechar a venda", asegura.

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, criticou a inacción do Executivo respecto da situación de Alcoa, que considera “bloqueada” por parte do Goberno central, que “non está a reaccionar para pechar a venda”.

Na presentación este sábado do Encontro Nacional de Deseño no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o conselleiro apostou pola opción da intervención temporal pública. “É o camiño para que, a partir de aí, Alcoa poida dar unha resposta, xa que non quere continuar coa produción en Galicia”, defendeu.

Conde insistiu en que “se ten que producir un entendemento” entre Alcoa e o Goberno. “Non podemos esperar máis tempo. Non podemos permitir que, nestes momentos de incerteza, siga habendo inacción por parte do Goberno e de Alcoa”, criticou, tras o que destacou que a Xunta “seguirá ao lado dos traballadores”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...