InicioOccidentalCervoO Concello de Cervo agradece a participación na andaina polo Día Internacional...

O Concello de Cervo agradece a participación na andaina polo Día Internacional contra o Cancro de Mama

Sobre cen persoas participaron na marcha para concienciar sobre esta doenza.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo emitiu un comunicado de agradecemento a todas as persoas que participaron na charla e na andaina celebrada polo Día Internacional Contra o Cancro de Mama, celebrado este pasado martes.

A concelleira Mali Méndez quere agradecer “a todos os veciños e veciñas que no día de onte se achegaron ata a Casa da Cultura para escoitar a charla e despois participaron na andaina co obxectivo de visibilizar e concienciar sobre unha enfermidade que afecta a tantas persoas”.

“Por último darlle as grazas a María Eugenia Rodríguez Barreiro, Supervisora da Unidade de Cirurxía do Hospital da Costa, que foi a encargada de impartir a charla sobre autodiagnóstico e prevención contra cancro no día de onte”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...