InicioOccidentalCervoO presidente da Deputación pide a intervención do Goberno en Alcoa e...

O presidente da Deputación pide a intervención do Goberno en Alcoa e da Xunta en Vestas

Tomé dá a "benvida" ao Goberno galego por mostrarse "recentemente" partidario da posible intervención.

Publicada o

- Advertisement -

presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, demandou este mércores a “intervención” do Goberno central na planta de Alcoa en San Cibrao (Cervo) e da Xunta na factoría de Vestas en Viveiro.

Antes da presentación dun programa para empresas da provincia, Tomé subliñou que, desde o primeiro día, a institución provincial propuxo que “se era necesario facer unha intervención que salvase os postos de traballo e a empresa, había que facela” e deu a “benvida” á Xunta por mostrarse “recentemente” partidaria desa posible “intervención”.

En canto a Vestas, Tomé expresou “o total apoio” da institución provincial a “os traballadores, que están a reivindicar hoxe no Parlamento a defensa dos seus postos de traballo”.

Sobre este conflito, considerou que a Xunta “ten que dar o callo”. “Porque está moi ben criticar aos demais cando teoricamente non é da súa competencia”. “Van facer fotos pero non achegan nada, pero Vestas é cousa dela”, afeou.

Neste sentido, incidiu en que Vestas “non depende do Estado, senón da política industrial da Xunta de Galicia”. “A ver o que pon enriba da mesa, de momento non coñecemos absolutamente nada, non ten ningún proxecto industrial nin para Galicia, nin para Lugo, nin para A Mariña”, expresou.

Tomé volveu subliñar o seu “total apoio aos traballadores, e a defensa dos seus postos de traballo e das súas familias” e insistiu en demandar a Xunta que “poña enriba da mesa medidas para manter os postos de traballo e o tecido industrial da Mariña”.

Finalmente, interpelado si iso quere dicir que o Goberno ten que “intervir” en Alcoa e a Xunta en Vestas, replicaba que “evidentemente”. “Non podemos esixirlle ao Estado o que ti non fas no outro lado, que a Xunta se aplique o conto e aplique medidas”, concluíu o presidente da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...