InicioCentralBurelaA hostalaría de Burela dispón dun mes para pedir as axudas do...

A hostalaría de Burela dispón dun mes para pedir as axudas do Concello

A partida destinada para esta finalidade é de 30.000 euros, segundo deu a coñecer o concelleiro de Turismo e de Comercio Ramiro Fernández.

Publicada o

- Advertisement -

No Boletín Oficial da Provincia foron publicadas as bases reguladoras das axudas ao sector hostaleiro do Concello de Burela, que están destinadas a paliar os efectos da pandemia do covid19. Os hostaleiros dispoñen dun mes para presentar a documentación e os xustificantes de pago das taxas de lixo e de auga correspondentes a novembro e decembro de 2020 e xaneiro e febreiro de 2021. O concelleiro de Turismo e Comercio, Ramiro Fernández, destacou que o equipo de goberno está a cumprir co acordado no seu día co sector hostaleiro. A contía destinada a estas axudas é de 30.000 euros.

Fernández Rey contou que “Son unhas bases que tíñamos comprometidas xa hai tempo co sector, despois de falar con eles, e constan basicamente de eliminarlles o pago da taxa de lixo e de auga durante 4 meses”.

O concelleiro de Turismo e Comercio explicou que “o importe total das axudas vai ascender a 30.000 euros e para ser beneficiario da axuda evidentemente hai que cumprir coa lei estatal de subvencións públicas”.

O edil burelés subliñou que “o que se vai subvencionar neste caso é o último bimestre do ano 2020, novembro e decembro, e o primeiro do 2021, é dicir xaneiro e febreiro. O único que hai que facer é presentar o xustificante de pago desas facturas de auga e de lixo e automaticamente xa, en canto poidamos, resolveremos e devolveremos eses cartos que se gastaron en auga e lixo para todo o sector hostaleiro e de ocio nocturno de Burela”.

Ramiro Fernández insistiu en que “isto era un compromiso do equipo de goberno cos hostaleiros. En varias reunións que mantivemos con eles foi o que acordamos”. O edil burelés aludiu tamén á exención das taxas das terrazas e ás axudas ao comercio.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...