Un operario resultou ferido na mañá deste mércores despois de que golpearse co carro mesturador co que traballaba nunha granxa da parroquia de San Xusto de Cabarcos, no municipio lucense de Barreiros. Segundo informou o 112, sobre as 11,00 horas deste mércores unha persoa avisou do accidente ao servizo de emerxencias e, nesa comunicación, indicou que o traballador se atopaba consciente e que non estaba atrapado.
Por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112 Galicia) informouse os servizos sanitarios, á Garda Civil e a Protección Civil de Barreiros.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado ata o lugar pero, finalmente, segundo indicaron ao 112 os membros de Protección Civil da localidade, o traballador foi trasladado nunha ambulancia ao Hospital da Costa en Burela.