IniciosociedadeA Ruta Solidaria KM de Investigación pasa por Ribadeo

A Ruta Solidaria KM de Investigación pasa por Ribadeo

A ruta solidaria Km de Investigación, iniciativa para dar visibilidade á investigación das enfermidades raras ou pouco comúns, entre as que se atopa o Síndrome de Rett.

Publicada o

- Advertisement -

Nas últimas horas pasou por Ribadeo a ruta solidaria Km de Investigación, iniciativa para dar visibilidade á investigación das enfermidades raras ou pouco comúns, entre as que se atopa o Síndrome de Rett.

Esta mañá saíron rumbo a Salceda de Caselas, o seu punto de partida, pero antes quixeron deixar constancia do seu paso por Ribadeo e da acollida brindada polo Concello realizando un acto simbólico xunto ao alcalde, Fernando Suárez.

Km de Investigación explica que “toda a recadación desta iniciativa vai guiada polo hospital Sant Joan de Déu, de Barcelona, institución que leva a cabo varias liñas de investigación a nivel nacional, entre elas a do Síndrome de Rett”.

A iniciativa dirixiuse ao Concello en demanda de axuda para pasar a noite en Ribadeo e os 9 motoristas e as 2 persoas que van no furgón de apoio foron aloxados no pavillón novo. Km de Investigación saíu de Galicia e percorreu Castela, Cantabria e Asturias para volver onte a Ribadeo, desde onde hoxe saíron para Salceda de Caselas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...