IniciosociedadeA asociación Amigos de Santiago Avilés recibida na súa primeira etapa en...

A asociación Amigos de Santiago Avilés recibida na súa primeira etapa en Viveiro

Este grupo ten previsto chegar a Santiago de Compostela no mes de xuño de 2022, xa que realizan o Camiño de Santiago por etapas cada 15 días.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro recibiu o pasado domingo a chegada de 110 peregrinos da asociación Amigos de Santiago Avilés. Este grupo realizará a ruta xacobea polo “Camiño do Mar”, en etapas planificadas cada 15 días.

No recibimento ao grupo de peregrinos participaron a concelleira de Turismo de Viveiro, Marisol Rey, e Manuel Vicente, presidente da Asociación de Amigos del Camino del Mar en Peregrinación a Santiago.

Este grupo ten previsto chegar a Santiago de Compostela no mes de xuño de 2022, xa que realizan o Camiño de Santiago por etapas cada 15 días. Nesta primeira etapa que realizaron o pasado domingo, o grupo camiñou dende Viveiro a O Vicedo.

O Concello de Viveiro, xunto á Asociación de Amigos del Camino del Mar, leva varios anos traballando na promoción e divulgación desta ruta, co obxectivo de lograr o seu recoñecemento por parte da Xunta de Galicia.

No mes de xuño, a Igrexa xa recoñeceu esta ruta como un percorrido de peregrinación a Compostela. Actualmente, é posible obter credenciais de peregrinos/as na oficina de Turismo de Viveiro, para poder comezar no municipio a ruta xacobea.

A Asociación de Amigos del Camino del Mar, a través do seu representante, Manuel Vicente, facilitou información sobre o percorrido para este grupo. Avánzase ademais que xa se traballa para lograr unha mellor sinalización das etapas. Dende o goberno local destacan a consolidación desta ruta de peregrinación, que terá un beneficio directo na hostalaría e comercio locais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...