InicioEconomíaO ERE de Vestas "pode impugnarse" segundo a conselleira de Emprego quen...

O ERE de Vestas “pode impugnarse” segundo a conselleira de Emprego quen di que se enviaron tres requirimentos por “mala praxe”

María Jesús Lorenzana explica que manterá a tarefa de buscar comprador para a fábrica de Viveiro, mentres continuará coas mesas industriais.

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, sinalou que o ERE de Vestas, que afecta a 115 empregados e finalizou esta semana sen acordo, “pode impugnarse”. Respecto diso, remarca que a Xunta, en calidade de autoridade laboral, enviou tres requirimentos durante a negociación á compañía ao detectar “malas praxes”.

En declaracións este venres en Santiago, onde estivo no acto polo 40 aniversario da CEG, subliñou que o Goberno galego enviou tres requirimentos “porque se observaban deficiencias no procedemento”, en aspectos tales como que había “moita rapidez” ou se achegaba documentación aos traballadores sen traducir.

Ademais, chama a atención acerca da “especial axilidade nos prazos” para dar conta do ERE, en “como se esgotan de maneira instantánea, sen prorrogar nada”.

Observa que esa “mala praxe” na negociación “é un pouco o que sucedeu en Alcoa”. Por iso, “a partir de aí, o comité de empresa ten que toma unha decisión sobre se impugna ou non o ERE”.

Expón que a empresa foi “especialmente áxil” co proceso do despedimento colectivo. A compañía informou de que manterá a produción na fábrica ata finais de ano. “Non é habitual que acabe o tempo de consultas e ao día seguinte se comunicase xa á autoridade laboral a finalización do período, o que figura nesa comunicación é que a 31 de decembro se porá fin a eses contratos”, explica.

Por tal motivo, deberase dirimir “se o procedemento non foi o adecuado, se a negociación non foi a adecuada e se non se deu capacidade aos traballadores para negociar ou houbo mala fe, por dicilo dalgunha maneira”.

Paralelamente, Lorenzana explica que manterá a tarefa de buscar comprador para a fábrica de Viveiro, mentres continuará coas mesas industriais “comunicando cada certo tempo” cando haxa que comunicar “avances”. A este respecto, pediu “interrelación” ao Ministerio de Industria e á consultora encargada por Vestas para compartir información.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...