InicioOccidentalXoveO Concello de Xove celebra o día Internacional da Eliminación da Violencia...

O Concello de Xove celebra o día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller con varios actos

O Concello de Xove está a elaborar o Plan de Igualdade interno dos traballadores e traballadoras municipais. Trátase dun conxunto de medidas avaliables, dirixidas a remover os obstáculos que impiden ou dificultan a igualdade efectiva de mulleres e homes, e a eliminar a discriminación por razón de sexo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove a través da Concellería de Servizos Sociais ten preparados e confirmados varios actos para o 25-N. Estarán centrados en concienciar e implicar á xente máis nova mediante as novas tecnoloxías na busca de vías para evitar este tipo de violencia e a súa normalización.

Así, o día 22 de novembro impartirase o obradoiro  “Violencia de Xénero no novo contexto dixital”. Actividade concedida pola Secretaria Xeral de Igualdade e organizada pola Concellería Municipal de Igualdade en colaboración co IES “Illa de Sarón”, dirixida ao alumnado de secundaria do centro de ensino.

O 25 de novembro, Día Mundial para a Eliminación da Violencia de Xénero, farase a presentación aos medios do “Plan Municipal Integral contra a Violencia de Xénero” do Concello de Xove e o Calendario 2022 “Pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero”. Este último deseñado polos rapaces e rapazas participantes no taller de igualdade realizado no verán na OMIX.

O 27 de novembro entregaranse os premios “I Concurso Tiktok pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero”, na OMIX ás 12:00. Para rematar, facer mención a que o Concello de Xove está a elaborar o Plan de Igualdade interno dos traballadores e traballadoras do concello. Trátase dun conxunto de medidas avaliables, dirixidas a remover os obstáculos que impiden ou dificultan a igualdade efectiva de mulleres e homes, e a eliminar a discriminación por razón de sexo.

O plan de igualdade estrutúrase tras a realización previa dun diagnóstico, negociado coa representación legal das persoas traballadoras, e elaborado na comisión negociadora do devandito plan de igualdade. Onte, día 18, constituíuse a Comisión Negociadora do Plan de Igualdade.

CONTACTO:

ANA ABAD, CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS

TFNO: 625 062 246

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...