InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro presenta contencioso contra a Xunta de non concederlle...

O Concello de Viveiro presenta contencioso contra a Xunta de non concederlle a subvención de compensación ambiental

A maioría dos voceiros entenden que non había motivos para denegar a subvención, tendo en conta que había que pedir unha autorización a Augas de Galicia e o Concello de Viveiro tramitou unha declaración responsable, como se viña facendo.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, convocou onte unha comisión informativa con todos os voceiros municipais, para informalos da situación en que está o recurso de reposición interposto polo Concello de Viveiro, co acordo dos voceiros municipais, contra a inadmisión da subvención do Fondo de Compensación Ambiental ditada pola Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.

A maioría dos voceiros entenden que non había motivos para denegar a subvención, tendo en conta que había que pedir unha autorización a Augas de Galicia e o Concello de Viveiro tramitou unha declaración responsable, como se viña facendo. Augas de Galicia requeriu a tramitación da autorización previa unha vez rematado o prazo de presentación e, polo tanto, non foi posible contar con ese trámite en prazo.

O concello considera que se fixeron todos os trámites ben e que non se debía ter chegado a este punto. O Concello de Viveiro presentou un recurso de reposición e dende a Xunta de Galicia non se contestou.

Todos os voceiros, excepto o do Partido Popular, coincidiron na indignacion ao non recibir resposta e tendo en conta que tampouco se garante que se vaia a conceder ao Concello de Viveiro ese diñeiro que ten un carácter finalista.

Consecuentemente, por parte dos voceiros municipais, agás o do Partido Popular, que foi o único que non se manifestou abertamente, sen opoñerse ao recurso pero manténdose neutral, nesta xuntaza decidiuse a interposición dun recurso contencioso-administrativo no Xulgado, para que sexa a xustiza a que resolva este expediente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...