InicioOccidentalCervoCervo gaña un accésit de salvamento marítimo á mellor conservación do mar

Cervo gaña un accésit de salvamento marítimo á mellor conservación do mar

Outorgóuselle polo proxecto medioambiental “Ecoestruturas”, que consiste na construción de mobiliario público mediante materiais de reciclaxe.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo gaña un premio de Salvamento Marítimo á mellor contribución ao “Objetivo Desarrollo Sostenible 14” respecto á conservación dos nosos mares.

O premio foi outorgado ao proxecto medioambiental “Ecoestruturas”, que consiste en reciclar diversos materiais, por exemplo botellas de auga ou pallets, para a posterior construción de estruturas que sirvan como mobiliario urbano público, como poden ser os cubrecontedores, aparcabicicletas ou cinceiros ecolóxicos.

A cerimonia de recollida de premios será o vindeiro 16 de decembro no Salón de Actos do Ministerio de Transportes, Mobilidade de Axenda Urbana, organizada pola Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima.

Declara o rexedor, Alfonso Villares: “valoramos moi positivamente a concesión deste accésit, que se nos foi outorgado por un dos diferentes proxectos que levamos a cabo no noso Concello en materia de sostenibilidade”. Engade que “esta mención danos outro motivo máis polo que seguir apostando polas políticas de economía circular e de desenvolvemento sostible, que son fundamentais para o noso goberno”.

Para a concelleira Mali Méndez “é un orgullo ver situado ao noso concello no mapa estatal en materia medioambiental” e engade que “seguiremos a traballar para facer do Concello de Cervo un municipio punteiro no referente á reciclaxe”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...