Burela celebrou o 25N cunha concentración ás portas do Concello. Alí a edil de Muller e Igualdade, Noelia Mª Ben, deu lectura ao manifesto conmemorativo desta data.
Ademais o salón de plenos acolleu a entrega de premios aos gañadores co XIV Concurso de Microrelatos contra a violencia de xénero. O de adultos foise para Ames. O gañador recibirá como premio 300 euros.
E a categoría de menores de 18 anos quedou en Burela. A vencedora levou un premio de 150 euros, que recibiu de man do alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Muller e Igualdade, Noelia Mª Ben.