InicioEconomíaA Mariña en Ruta remata o sábado 4 de decembro cun roteiro...

A Mariña en Ruta remata o sábado 4 de decembro cun roteiro polo Vicedo

Nunha nova ruta verán como se orixinaron os acantilados ou a Illa de Coelleira e descubrirán rochas do fondo mariño con máis de 400 millóns de anos de antigüidade. No areal poderán observar tamén formas xeolóxicas volcánicas.

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña en Ruta rematará este próximo sábado, 4 de decembro, co roteiro Camiñando entre volcáns, guiado por terras do Vicedo polo xeólogo Fran Canosa, actividade completa e que abriu lista de agarda hai semanas.

A última andaina desta edición de A Mariña en Ruta comezará na praia de San Román, desde onde os asistentes divisarán a cruz que lembra o naufraxio do Drácula, un impresionante mirador que servirá para observar a paisaxe desta contorna xeolóxica. Nesta ruta verán como se orixinaron os acantilados ou a Illa de Coelleira e descubrirán rochas do fondo mariño con máis de 400 millóns de anos de antigüidade. No areal poderán observar tamén formas xeolóxicas volcánicas.

A xornada deste pasado sábado, 27 de novembro, de A Mariña en Ruta levou aos participantes a coñecer a paisaxe cultural de San Tirso de Portocelo, en Xove. Este roteiro, que esgotou as súas prazas, comezou na praia de Portocelo e coa primeira parada no núcleo de Vilachá, deixou momentos para gozar da impresionante paisaxe marítima de O Coido ou a granítica de Monte Castelo. Tamén de Punta Roncadoira, os miradoiros e a área arqueolóxica de San Tirso de Portocelo, coas ruínas da antiga igrexa parroquial e o magnífico castro de Punta Mexiluide, intervido arqueolóxicamente no ano 2020.

Foi unha andaina acompañada polo vento do Norte na que se puido vivir a ferocidade do mar batendo con forza contra a costa de Xove, un espectáculo natural que poñía banda sonora á interpretación das belas paisaxes nun itinerario histórico dende a prehistoria ata os nosos días.

A Mariña en Ruta é unha iniciativa organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia e co apoio da Deputación de Lugo para a súa promoción.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...