InicioOccidentalViveiroViveiro anuncia o acendido das luces de Nadal e a apertura do...

Viveiro anuncia o acendido das luces de Nadal e a apertura do belén “Viveiro ante o berce”

Co obxectivo de evitar aglomeracións, este ano decidiuse non organizar un acto concreto de inauguración do Belén, polo que os visitantes poderán acceder durante todo o día.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anuncia que esta fin de semana inauguraranse as principais decoracións de Nadal. Dunha banda, o acendido das luces de Nadal será este sábado, 4 de decembro.

Doutra banda, a apertura ao público do tradicional Belén “Viveiro ante o Berce” será este domingo, 5 de decembro ás 12:00 no atrio da Igrexa de Santa María. O Belén permanecerá aberto ata o próximo 13 de xaneiro.

Co obxectivo de evitar aglomeracións, este ano decidiuse non organizar un acto concreto de inauguración do Belén, polo que os visitantes poderán acceder durante todo o día. Igual que na pasada edición, para visitar o Belén habilitarase un percorrido cunha única dirección, co obxectivo de evitar aglomeracións.

Dende o Concello de Viveiro, pídese ás persoas que visiten o Belén nestas datas que respecten as indicacións e o percorrido sinalizado, para evitar acumulacións de xente na zona.

O belén “Viveiro ante o berce” considérase como un dos máis importantes de Galicia, destacando pola súa beleza, a dimensión das súas pezas, a extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único.

Dende o Concello de Viveiro, anímase á veciñanza e ós visitantes a achegarse ao municipio para gozar do ambiente de Nadal, sobre todo a partir desta fin de semana co acendido da decoración. Recoméndase tamén achegarse ata o coñecido belén “Viveiro ante o berce”, seguindo as indicacións da visita en todo momento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...