InicioCentralFozFoz realizará controis de acoholemia e estupefacientes a partir do 6 de...

Foz realizará controis de acoholemia e estupefacientes a partir do 6 de decembro

O alcalde Fran Cajoto informa que esta campaña é posible grazas á cesión da Dirección Xeral de Tráfico dun etilómetro dixital e outro evidencial, dentro do marco de colaboración que ten o Concello co organismo dependente do Ministerio do Interior.

Publicada o

- Advertisement -

A policía local de Foz realizará unha campaña de seguridade viaria de control de alcoholemia e estupefacientes entre o 6 e o 12 de decembro. A campaña realizarase en distintos emprazamentos e horarios co fin de comprobar que se respecta a normativa en canto a índices de alcoholemia.

O alcalde Fran Cajoto informa que esta campaña é posible grazas á cesión da Dirección Xeral de Tráfico dun etilómetro dixital e outro evidencial, dentro do marco de colaboración que ten o Concello co organismo dependente do Ministerio do Interior.

“Cumprindo as directrices da DXT e pensando no risco de atropelos, o Concello vén de rematar esta semana a colocación de novas sinais de limitación de velocidade en todo o casco urbano, quedando fixada en 30 km/h para todas as rúas agás nas que comparten plataforma vehículos e viandantes, como Paco Maañón, nas que a limitación se reduce a 20 km/h. O fin último do Concello é a seguridade de todas e todos, por iso informaremos publicamente desta e outras futuras campañas” destaca o alcalde Fran Cajoto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...