IniciosociedadeOs hostaleiros da provincia rexeitan os ataques ao dono dun restaurante de...

Os hostaleiros da provincia rexeitan os ataques ao dono dun restaurante de Burela por críticas aos antivacinas

O presidente dos hostaleiros lugueses, Cheché Real, condenou a situación sufrida polo hostaleiro e, nun comunicado, incide en que o certificado covid "é unha garantía sanitaria non só para o sector senón tamén para os clientes e cidadanía en xeral".

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) mostrou o seu rexeitamento aos ataques recibidos por Rubén Pinín, dono dun establecemento de Burela despois de publicar en redes sociais mensaxes críticas coas persoas que non se vacinan.

Despois da publicación destas mensaxes, nos que tamén se defendía a esixencia do certificado covid, as páxinas deste negocio de hostalaría da localidade mariñá recibiron unha onda de malas reseñas en distintas webs.

O presidente dos hostaleiros lugueses, Cheché Real, condenou a situación sufrida polo hostaleiro e, nun comunicado, incide en que o certificado covid “é unha garantía sanitaria non só para o sector senón tamén para os clientes e cidadanía en xeral”.

Ante o aumento progresivo de casos que estamos a sufrir, é unha ferramenta que pode facilitar o funcionamento da hostalaría evitando restricións máis prexudiciais para o desenvolvemento do noso traballo, como poden ser reducións de aforamentos e horarios ou novos peches”, manifestou Real.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...