InicioOccidentalViveiroViveiro anuncia a apertura do mercado de Nadal "A Trastenda de Nicomedes"...

Viveiro anuncia a apertura do mercado de Nadal “A Trastenda de Nicomedes” para este sábado

“O noso mercado de Nadal consolídase como unha cita de referencia, na que descubrir o comercio e a artesanía de proximidade, e converténdose nun atractivo para os visitantes nestas datas”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa da apertura do mercado de Nadal “A Trastenda de Nicomedes” este sábado 18 de decembro ás 11:00. O mercado ubícase no Salón Multiusos da Casa do Concello e está organizado pola Asociación Proa, en colaboración co Concello de Viveiro no marco do seu programa de Nadal.

“O noso mercado de Nadal consolídase como unha cita de referencia, na que descubrir o comercio e a artesanía de proximidade, e converténdose nun atractivo para os visitantes nestas datas”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Nesta edición participan un total de 16 artesáns e artesás. Concretamente, estarán presentes: Rappa Taller, Conloquetengo, Sol Rujas, Artesanía Nia, David Catá, Taller Viola, La Bellota Mágica, Paula dimé, Obradoiro Taxus de madeira, Licores Os Maios, Salsagaucha, Kiyoko Sato, Dkastro/O Sapo Chosco, Augas Santas Cervexeiros da Mariña, Miña Rula e Sopa de Nuez.

Ademais, o mercado contará este ano cun espazo solidario, dedicado á integración social no mundo laboral a cargo de Aspanane, a Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro.

A Trastenda de Nicomedes estará aberta ata o próximo 4 de xaneiro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Os días 24 e 31 de decembro, pechará as 20:00 horas e o 25 de decembro e 1 de xaneiro terá un horario especial, de 18:00 a 21:00

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...