InicioCentralAlfozAlfoz comeza as actividades de Nadal pensando en toda a veciñanza con...

Alfoz comeza as actividades de Nadal pensando en toda a veciñanza con actividades de entretemento

Os días 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, de 17:00h a 19:00h na Biblioteca Pública de Alfoz, levaranse a cabo actividades de lecer dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As prazas son limitadas. É necesaria inscrición previa que se entregará na Oficina de Rexistro do Concello de Alfoz a partir do 16 de decembro ata o 24 ou ata cubrir o total de prazas dispoñibles.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz ten preparada unha programación de Nadal para nenos e nenas que van desde o teatro até obradoiros para a fabricación de xabón.

Así, o domingo 19 de decembro, ás 18:00h, no Salón de Actos da Casa da Cultura, Fran Rei presenta un novo espectáculo unipersoal que mestura narración oral, humor e maxia: “O conto de Barriga Verde”. Escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela), O conto de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía. Teatro para todos os públicos.

Ao remate da función teatral terá lugar a entrega de premios do XIX Concurso de Postais de Nadal que un ano máis organiza a Biblioteca Pública de Alfoz. O alumnado do CEIP Castro de Ouro participou neste certame estruturado en tres categorías: educación infantil, 1º ciclo de educación primaria e 2º ciclo de educación primaria. As postais premiadas serán ademais a imaxe dos calendarios que o Concello de Alfoz elabora como felicitación de Nadal para todos os veciños e veciñas. Esta actividade está incluída no Plan Único da Deputación de Lugo, Área de Cultura.

ACTIVIDADES DE NADAL

Os días 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, de 17:00h a 19:00h na Biblioteca Pública de Alfoz, levaranse a cabo actividades de lecer dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As prazas son limitadas. É necesaria inscrición previa que se entregará na Oficina de Rexistro do Concello de Alfoz a partir do 16 de decembro ata o 24 ou ata cubrir o total de prazas dispoñibles.

O primeiro día, luns 27 participarán na actividade de elaboración de xabón e coñecemento dos lavadoiros públicos organizada pola AAVV San Mamede das Oiras, o resto dos días na Biblioteca terán obradoiros creativos, xogos, animación á lectura, etc. Máis información no tfno. 982 558 001 (ext. 2).

ELABORACIÓN DE XABÓN

En colaboración coa AAVV San Mamede das Oiras, levarase a cabo un taller de elaboración de xabón a partir de aceite usado de cociña, así como unha actividade para recuperar a memoria dos tempos dos lavadoiros públicos. O luns 27 de decembro, realizarase na Escola das Oiras a cal se irá en autobús que sairá de diante da Casa do Concello ás 17:00h e voltará ao remate da actividade programada para as 19:00h.

É necesario inscribirse no tfno. 982 558 001 (ext. 3) e está dirixida a todas as franxas de idade. Actividade gratuita. A AAVV San Mamede das Oiras ten programada outra sesión, nesta ocasión para lavar á man, o día 29 de decembro, ás 17:00h no Lavadoiro da Rúa que renovaron recentemente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...