InicioOccidentalViveiroVestas bloqueou as negociacións para comprar a factoría de Chavín, segundo a...

Vestas bloqueou as negociacións para comprar a factoría de Chavín, segundo a Xunta

"Vestas non se atopa interesada en vender, non quere que ningún outro competidor adquira a factoría e leve a cabo un proceso de reindustrialización na fábrica para así poder manter o emprego", declarou a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana.

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, trasladou ao comité de Vestas que a empresa “vén de bloquear” as negociacións con investidores “interesados en adquirir a planta”.

Deste xeito, a Xunta denuncia que Vestas, “coa súa actitude, está a imposibilitar calquera posibilidade de venda da fábrica de Viveiro”, operación que ve “única saída” para manter a planta activa e preservar os postos de traballo.

Lorenzana reuniuse este venres en Santiago con membros do comité e representantes sindicais, aos que comunicou que os investidores interesados que atopou a Xunta “renunciaron ao seu propósito ante os obstáculos impostos pola multinacional”.

“Vestas non se atopa interesada en vender, non quere que ningún outro competidor adquira a factoría e leve a cabo un proceso de reindustrialización na fábrica para así poder manter o emprego“, lamentou a titular do departamento. Neste contexto, o Goberno galego afirma que seguirá “á beira” dos traballadores afectados polo ERE e que vai continuar “traballando na procura doutros compradores”.

A Xunta esixe de novo “unha maior implicación” do Goberno central, “practicamente desaparecido” neste conflito, pola súa “pasividade” para localizar compradores e pola súa “mínima implicación” na procura dunha solución. Insiste así mesmo en que é “necesario máis tempo para fraguar un proceso de compra que garanta a actividade produtiva da factoría”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...