InicioCentralBurela"Mar de Solidariedade" desde o Porto de Burela con 1.300 racións de...

“Mar de Solidariedade” desde o Porto de Burela con 1.300 racións de pescada do pincho

Ao igual que en anos anteriores, o peixe xa se está distribuíndo para gozar nas ceas e comidas de Nadal ou Fin de Ano ben en pezas enteiras ou xa cortadas en lombos, filetes ou toros, segundo como demande cada centro.

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e Armadores de Burela volven lanzar nestas datas de Nadal a súa xa clásica acción social “Mar de Solidariedade”, a través da que se distribuirán este ano máis de mil trescentas racións de “Merluza do Pincho de Burela” entre máis de mil cen persoas da Mariña Lucense repartidas en diferentes colectivos.

Este “Mar de Solidariedade” do Porto de Burela consiste nunha acción social a nivel local, dirixida ás familias máis necesitadas de Burela; e outra a nivel comarcal, co xa tradicional reparto de peixe entre os centros de maiores do norte de Lugo.

A través de Mulleres en Igualdade Provincia de Lugo distribuiranse desde este xoves 23 de decembro 470 racións de pescada do pincho entre as familias máis necesitadas de Burela: 105 unidades familiares que agrupan a 304 persoas atendidas.

En colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, OPP Lugo e Absa doarán por cuarto ano consecutivo 838 racións de ‘Merluza do Pincho de Burela’ que se repartirán pola Mariña Lucense en 14 centros de maiores, entre residencias, apartamentos tutelados ou vivendas comunitarias; situadas en Burela, Cervo, Foz, Mondoñedo, A Pontenova, Ribadeo, O Valadouro, Viveiro e Xove.

Ao igual que en anos anteriores, o peixe xa se está distribuíndo para gozar nas ceas e comidas de Nadal ou Fin de Ano ben en pezas enteiras ou xa cortadas en lombos, filetes ou toros, segundo como demande cada centro.

Sergio López, xerente da OPP Lugo: “A merluza do pincho é a principal especie da lonxa de Burela tanto en descargas como en ventas. Desde OPP Lugo e ABSA levamos anos repetindo esta doación como o noso mellor regalo de Nadal para que non falte unha boa pescada do pincho nas mesas das residencias de maiores da Mariña e das familias máis necesitadas de Burela”.

Esta acción enmárcase dentro do plan de produción e comercialización anual de OPP Lugo e conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...