Unha persoa en perigo que estaba illada nunha zona rochosa foi rescatada este xoves no municipio Barreiros polo helicóptero de salvamento de Gardacostas de Galicia.
Segundo informa o 112 Galicia, sobre as 15,30 horas, un compañeiro da persoa afectada deu alerta do sucedido na praia de Arealonga. Ambos estaban paseando polo areal cando a forza do mar sorprendeu a un deles.
Así, activouse un operativo no que participaron equipos de Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Bombeiros de Barreiros, axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil da localidade.
Finalmente, a persoa puido ser rescatada polo helicóptero Pesca II de Gardacostas de Galicia en perfecto estado de saúde.