Acisa Ribadeo fai un balance positivo do ano 2021, no que organizou mais de 40 actividades, colaborou en diversos eventos doutras entidades, obtivo un premio nacional de comercio, adheriuse a confederación española de cascos históricos e prevé pechar o ano coas contas saneadas.
Segundo explica o presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, “neste ano organizamos ou participamos en mais de 40 actividades ou iniciativas de dinamización comercial e hostaleira, algunhas tan novidosas como importantes como por exemplo a resinalizacion comercial e turística da vila ou a promoción do Camiño de Santiago. Colaboramos con diversas actividades de tipo deportivo, cultural, como o Torneo de Veteranos, coa SD Ribadeo, coa Media Maratón, actividades que atraen potenciais clientes. Ademais foi o ano no que mais materiais gratuítos, 25.000 bolsas, puidemos entregar grazas os convenios do Concello de Ribadeo. E certo que non todo é bo, xa que a pandemia estanos pasando factura na cifra de asociados, que se mantén preto dos 160, pero que debido á crise económica e aos peches está a diminuír”.
Iriarte Quintana subliñou que “foi un ano moi intenso no que tamén fixemos grandes esforzos en asesoramentos e información, relativos aos cambios normativos derivados da Covid, así coma á información sobre axudas e subvencións”.
O presidente de Acisa dixo que “seguimos apostando pola entrega de materiais gratuítos aos nosos socios e socias, como un dos grandes beneficios de ser membro de Acisa, pouco a pouco aumentamos os presupostos para que durante todo o ano os socios teñan á súa disposición materiais que lles axudan a aforrar custes nas súas empresas, modernizamos a imaxe comercial e turística e dixitalizámola mediante os códigos QR-WEB, traballamos na posta en valor do Camiño de Santiago creando a nosa propia marca e fomos capaces de manter as actividades habituais”.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, indicou que “se falamos de cifras este ano 2021 manexamos un presuposto que no peche de contas roldará os 130.000 euros, que estimamos xerarían neste ano arredor de 6.000.000 euros, cantidade menor do previsto por mor da pandemia, pero dentro dos parámetros esperados. Repartíronse preto de 5.000 euros en vales de compra, xeramos unhas 900 publicacións en prensa, o noso perfil de Facebook segue medrando con mais de 1,5 millóns de visualizacións, e a nosa app ronda os 1.000 usuarios. Respecto ao número de socios, roldamos os 160, tras unha certa baixada dende comezo do ano, que ven dada polos peches, xubilacións e baixas de negocios que tiveron que reducir ao máximo os seus gastos para poder subsistir”.
E engadiu “neste ano 2021 houbo tres fitos que merecen especial mención, o xa coñecido áccesit dos premios nacionais de comercio interior, que premiaron o desenvolvemento e crecemento de Acisa nos últimos 5 anos, a adhesión á Confederación Nacional de Cascos Históricos, que nos pon na primeira división das asociacións de comerciantes, e que previsiblemente pecharemos o 2021 coas contas cun resultado positivo”.
A este respecto Iriarte sinalou “para esta xunta directiva é un orgullo poder dicir que tras anos de contención do gasto, de pasar o ano pasado de pandemia con 18.000 euros de déficit por mor da cancelación de cotas, na asemblea do ano que ven e mais que probable que poidamos presentar unhas contas completamente saneadas, algo que para nos é vital ante un ano de relevo na dirección de Acisa. Isto foi posible grazas ás boas decisións desta directiva, á colaboración e xenerosidade dos socios e á boa xestión realizada pola xerencia, segundo unha política de contención do gasto, e austeridade”.
Presidente e xerente insistiron en que “Ribadeo segue sendo referente comarcal tanto en Galicia coma en Asturias no comercio, na hostalaría e no turismo, e agora tamén a nivel nacional. Somos o mellor lugar onde se pode comprar, á vez que podes desfrutar da mellor gastronomía e tendo as mellores vistas. Poucos lugares poden ofrecer tanto coma nos. Dende Acisa seguiremos a traballar nos nosos obxectivos, que son facer medrar a Ribadeo e aos seus negocios, axudando a manter eses mais de 600 postos de traballo que xeran os nosos asociados e asociadas e esperando que de unha vez por todas esta pandemia remate e nos permita neste ano 2022 ter unha recuperación xusta e real”.
Dende Acisa, agradecen a os seus socios e socias a súa confianza, e ás administracións local, provincial e autonómica a súa colaboración, e deséxanlles a todos os veciños e visitantes unhas felices festas e un feliz e prospero ano 2022.