InicioCentralBurelaBurela emprende unha acción formativa destinada a adultos para a aprendizaxe dos...

Burela emprende unha acción formativa destinada a adultos para a aprendizaxe dos idiomas da Comunidade Galega

A edil de Inmigración, Noelia Mª Ben, explica que “esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

Publicada o

- Advertisement -

O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela vai organizar unha acción formativa de alfabetización de adultos/as para a aprendizaxe dos idiomas da comunidade galega. Terá lugar o vindeiro luns, 17 de xaneiro.

A edil Noelia Mª Ben explica que “esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo. Con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración integral”.

As persoas interesadas poden solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando aos seguintes números de teléfono 982 58 60 00 ou 982 58 06 09.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...