InicioOccidentalCervoCervo avanza en dixitalización do sector gandeiro coa posibilidade de instalar o...

Cervo avanza en dixitalización do sector gandeiro coa posibilidade de instalar o sistema RUMI

RUMI é un proxecto de desenvolvemento tecnolóxico que ofrece solucións aos gandeiros e gandeiras co obxectivo de mellorar a calidade de vida e incrementar a rendibilidade do sector

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantivo este pasado mércores, unha reunión cos gandeiros do municipio co obxectivo de abordar a instalación dunhas antenas que permitan darlle cobertura á aplicación RUMI, un sistema de monitorización por GPS para gando vacún.

Á reunión acudiu un dos fundadores da empresa tecnolóxica creadora de RUMI, onde lles explicou aos presentes o funcionamento da aplicación e as melloras que se derivarían da súa implantación.

A aplicación funciona mediante uns colares, colocados nos animais, que transmiten diferentes datos ás antenas estratexicamente colocadas, que á súa vez reproducen os datos no programa. Coa recolección destes datos podemos coñecer diferentes aspectos dos animais, como a súa localización actual, o seu movemento nos últimos días, a detección do celo e, incluso, notifica cando os animais se poñen de parto.

Declarou o alcalde Alfonso Villares: “coa colocación destas antenas ofrecémoslle aos nosos gandeiros e gandeiras a posibilidade de contar con RUMI, unha aplicación que pretende incrementar a calidade de vida e a rendibilidade das ganderías, mellorando o benestar animal mediante a análise de datos”.

Engadiu o rexedor que “desde o Concello de Cervo instalaremos todas aquelas antenas que se precisen para que os nosos gandeiros podan optar a este servizo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...